Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

ITV no Grove

Fecha: 2012-01-05

 

Unha unidade móbil da empresa concesionaria Supervisión y Control instalarase no Corgo os días 7, 8, 9, 10 e 13 de febreiro para realizar as inspeccións periódicas a vehículos lixeiros e agrícolas.

 

Pasaráselles a ITV aos vehículos lixeiros cuxa masa sexa menor ou igual a 3.500 quilos e teñan unha distancia entre os seus eixes de, como máximo, 3.300 milímetros. Tamén a vehículos agrícolas sen carga.

 

Este servizo terá lugar na explanada portuaria que hai detrás da lonxa nun horario de 9.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.00 horas entre o 7 e o 10 de febreiro, mentres que o venres 13 só estará en funcionamento en horario de mañá.

 

Pódese solicitar cita previa no teléfono 881 920 981. A empresa concesionaria advertiu que só se admitirán vehículos con características especiais sempre que haxa posibilidade de realizar neles as operacións de inspección regulamentarias.