Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inaugura este venres a actividade extraescolar Coñecendo e gozando da biblioteca

Fecha: 2012-01-10

O Concello do Grove pon en marcha o venres a actividade extraescolar Coñecendo e gozando da biblioteca, na que participan doce nenos e nenas de infantil dos diferentes centros escolares da localidade. A actividade desenvolverase todos os venres, de 17.30 a 18.30 horas, na Biblioteca Municipal do Grove.

 

Trátase dunha proposta nova que pretende espertar a imaxinación e a creatividade mediante os recursos que ofrece a lectura; experimentar a biblioteca como un contorno máxico de encontro cos libros e con outros nenos e nenas e establecer un primeiro contacto cos libros dunha maneira lúdica, facilitando o xogo. Os nenos e as nenas atoparán os venres actividades de carácter pedagóxico, con obradoiros lúdicos, animacións, xogos e manualidades de acordo coas súas idades.

 

Ademais desta actividade extraescolar, desde o Concello do Grove tamén ofertan clases de natación na piscina de Cambados. Tras o descanso do Nadal, a rapazada retoma esta tarde a actividade. Un total de 45 rapaces e rapazas gozan destas clases divididos en dous grupos, os martes e os venres.

 

Estas actividades extraescolares están incluídas na Guía de actividades municipais para centros escolares que elaborou o Concello do Grove co obxectivo de reunir nun mesmo documento toda a oferta educativa e lúdica que as diferentes concellerías organizan para nenos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, ben sexa en actividades fóra do horario escolar ou colaborando cos propios centros. En colaboración cos centros xa se organizaron algunhas no primeiro trimestre, como talleres de consumo, a xornada Maxia Potaxia ou a visita do Carteiro Real aos centros.