Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O Concello do Grove está a renovar as licenzas de venda ambulante no mercado semanal

A Concellería de Comercio e Mercados recorda que todas aquelas persoas que dispoñen dunha licenza de venda ambulante no mercado semanal dos venres deberán presentar a documentación na Casa do Concello para a súa renovación antes do vindeiro 16 de xaneiro. Por outra banda, esta concellería informa de que se está a traballar para respostar todas as solicitudes recibidas, tanto as dos novos vendedores que queren obter a licenza correspondente para poderen vender no mercado semanal, como as dos que xa teñen a dita licenza e solicitan un aumento de metros ou un cambio de localización.  


Todas as novas