Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Achégate á Rede de Bibliotecas do Grove, nova campaña de animación á lectura

Fecha: 2012-01-16

A Rede de Bibliotecas do Grove acaba de poñer en marcha unha nova campaña  de dinamización lectora que ten como obxectivo impulsar o servizo de préstamo nas bibliotecas da Rede e fomentar a lectura entre os seus usuarios e usuarias.

 

A nova campaña consiste en que cada socio ou socia da biblioteca que utilice o servizo de préstamo das bibliotecas será agasallado cunha bolsa, para transportar os libros, serigrafada co lema da campaña e o logo do Concello do Grove, a escoller entre dous modelos: de asas ou tipo mochila O lema da campaña é Achégate á Rede de bibliotecas do Grove. Estámoste esperando. Non lle deas máis voltas.

 

O éxito das iniciativas postas en marcha ata agora xa se reflectiron nun considerable aumento do número de usuarios da biblioteca municipal con respecto a anos anteriores e do número de documentos solicitados en préstamo, sobre todo no referente ao préstamo de libros da sección infantil e na de novidades.  Con esta nova campaña preténdese seguir mellorando na prestación e calidade dos servizos e aumentando o seu número de usuarios.

 

Así mesmo, co fin de completar a informatización e dixitalización da xestión bibliotecaria, estase a levar a cabo unha campaña de renovación do carné de biblioteca, substituíndo os carnés tradicionais por outros con código de barras que facilitarán a realización do préstamo de forma automatizada.

 

Ano 2010 Visitas Total préstamo infantil Total préstamo adultos Total préstamo audiovisuais
setembro 438 52 45 11
outubro 453 87 53 13
novembro 781 120 63 10
decembro 333 37 71 5

 

Ano 2011 Visitas Total préstamo infantil Total préstamo adultos Total préstamo audiovisuais
setembro 589 98 143 5
outubro 722 114 81 24
novembro 1364 219 98 21
decembro 1517 249 97 2