Encontros de Iniciativa Xove 2012
Fecha: 2012-01-16
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (DXXeV), a través do programa Participa da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, vai desenvolver en diferentes puntos da nosa xeografía encontros para a promoción e a divulgación do programa de Iniciativa Xove, co fin de dar a coñecer as novidades para este ano 2012.
Estes encontros son un xeito de lle achegar á mocidade a información precisa para fomentar e promover actividades de aprendizaxe non formal que lle permita desenvolver as súas capacidades, involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos con esta Iniciativa Xove 2012.
As xornadas desenvolveranse ao longo de todo o mes de xaneiro do 2012 en diversos concellos e universidades de toda Galicia. Poderedes solicitar, a través da web www.xuventude.net, o lugar ao que queredes asistir, e a ficha de inscrición; para iso debedes ter en conta a vosa dispoñibilidade para poder participar.
Tamén poden inscribirse ou obter máis información na OMIX do noso Concello, situada na Casa Azul, a través do teléfono 986 730 609 ou do correo electrónico omix@concellodogrove.com.
O encontro que vai haber máis preto da nosa vila é o do día 28 de xaneiro na casa da cultura do concello de Ribadumia, as 11.00 horas. Por favor, os interesados en participar que se poñan en contacto coa OMIX.