O Concello pon en marcha un servizo telemático de asesoramento socio-laboral para inmigrantes
Fecha: 2012-01-18
A Concellería de Economía, coa colaboración da ONG Ecos do Sur, acaba de poñer en marcha un servizo de asesoramento socio-laboral para inmigrantes a través de atención telemática co programa Skype.
Este servizo ofrecerase o segundo martes de cada mes, de 10.00 a 14.00 h. As persoas interesadas deben solicitar cita previa na Casa Azul.
O Concello do Grove leva varios anos realizando diversas accións de apoio e de fomento da integración das persoas inmigrantes na nosa sociedade. Neste sentido, cómpre destacar a colaboración entre o ente local e a organización non gobernamental coruñesa, coa que tamén puxo en marcha o pasado mes de outubro o curso de galego para inmigrantes que aínda se está a impartir na casa da cultura do Grove.