Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove entregará este sábado o XVIII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

Fecha: 2012-01-24

O Concello do Grove entrega este sábado 28 de xaneiro o premio da XVIII edición do concurso Manuel Lueiro Rey de novela curta, que este ano será para Mario Regueira pola súa obra Outono aquí. O premio está dotado con 3.000 euros e entregarase nun acto literario que comezará ás 10.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

 

O acto comezará coa lectura de pasaxes do libro Manso, de Manuel Lueiro Rey, a cargo dos alumnos da ESO dos IES As Bizocas e Monte da Vila, e de todas aquelas persoas que decidan achegarse ata o lugar para participaren no evento. Desde a concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio convidan a todos os amigos e coñecidos da familia de Lueiro, a todos os membros das asociacións e á veciñanza en xeral a que participen nesta lectura e que asistan á entrega do premio, que será ás 12.00 h.

 

Un total de trece obras presentáronse neste edición do certame, que contou con Manuel Quintáns, Francisco Martínez Bouzas, Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Chelo Suárez como xurado. Os cinco membros son especialistas en literatura.

 

O premio de novela curta Manuel Lueiro Rey é un premio literario convocado polo Concello do Grove desde 1992, co obxecto de promocionar a vida e obra deste escritor e xornalista. En 2010, Chelo Suárez con As horas rotas foi a gañadora do certame. Un ano antes, o premio recaeu en An Alfaya por Area quente.