Axudas promoción emprego autónomos
Fecha: 2012-01-30
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia publicou a Orde do 30 de decembro de 2011 (DOG do 20 de xaneiro de 2012), pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo para o ano 2012.
O prazo para presentar solicitudes remata o 30 de setembro de 2012, e existen prazos específicos atendendo á data de alta do traballador autónomo e á subvención concreta que se solicite, polo xeral, 1 mes desde a alta na Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional.
Importante: as altas realizadas entre o 1 de outubro de 2011 e o 20 de xaneiro de 2012 teñen ata o 30 de marzo de 2012 para presentar as solicitudes.
Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local (Casa Azul, rúa Castelao, 173, baixo).
Orde do 30 de decembro de 2011