Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove substitúe o depósito de gasóleo no CEIP As Bizocas

Fecha: 2012-01-31

O Concello do Grove, a través da concellería de Educación, acaba de substituír o depósito de gasóleo no CEIP As Bizocas, co obxectivo de mellorar o sistema de calefacción, protexer o medio ambiente e garantir un maior aforro.

 

As obras, que se levaron a cabo fóra do horario escolar, consistiron en instalar un novo depósito, homologado e con todas as garantías de seguridade, nunha caseta situada nun dos laterais do recinto escolar.

 

Este novo depósito substituirá o antigo, soterrado na entrada do colexio, que estaba fóra da norma e tiña importantes filtracións de auga. Con este cambio, ademais de garantir un aforro importante no sistema de calefacción do centro, tamén se permite ofrecer maiores garantías de protección ao medio ambiente e de seguridade.

 

Segundo explican desde a Concellería de Educación, as obras que se están realizando amosan a preocupación deste goberno porque as instalacións educativas estean en perfectas condicións. Amosan o compromiso coa comunidade educativa e son resposta ás prioridades marcadas polos diferentes centros. “Estamos executando os traballos que son precisos, solucionando as deficiencia que detectamos nos centros e que nos trasladan os directores e as directoras dos colexios”, manifesta a concelleira responsable de Educación, Laura Besada.

 

Esta é unha das obras prioritarias marcadas pola directiva do centro e a asociación de nais e pais durante as reunións mantidas coa Concellería de Educación. Durante este curso, outras das melloras levadas a cabo neste colexio consistiron en acondicionar a aula de informática, coa eliminación do antigo mesado do laboratorio e o pintado da aula; e mellorouse a seguridade da escaleira do patio, que preocupaba a pais e profesores.