Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Puntos de información xuvenil nos IES

Fecha: 2012-02-02

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) instala un punto de información nos institutos por mor de acercarlle os seus recursos á mocidade do Grove.  

 

O alumnado dos centros poderá obter diferentes vantaxes deste punto informativo como: recibir información de actividades e recursos do Concello e doutros organismos públicos e incluso tramitar o carné xove, unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega que a  acredita como  tal e  coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa. Para ser beneficiaria/o deste carné hai que ter entre 12 e 30 anos. A súa tramitación é moi sinxela, basta con cubrir unha solicitude, presentar o DNI e entregar os 6 € correspondentes ás taxas.

 

As datas destes puntos informativos son as seguintes:

  • IES Monte da Vila: 6, 7 e 8 de febreiro, durante o horario dos recreos (de 10.25-10.45 h e de 12.25-12.45 h)
  • IES Bizocas: 13, 14  e 15 de febreiro, durante o horario de recreo de 11.25-11.55 h)

 

Recordamos que a OMIX ten as súas oficinas na Casa Azul e o seu horario é de luns a venres de  08.50-15.00 h e os mércores de 16.00-20.00 h.