Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Xa se poden adquirir as invitacións para o Xoves de Comadres e Compadres

Fecha: 2012-02-09

O Entroido 2012 arrincará no Grove o vindeiro xoves 16 de febreiro coa celebración do Xoves de Compadres e Comadres, para o que xa se poden retirar as invitacións, a un prezo de 30 euros nos restaurantes participantes, que serán Casa Campaña, no caso delas, e Faro 2 e Don Mexilón, no deles.

 

O inicio desta celebración está previsto para as 21.00 horas, cando comadres e compadres se reúnan ás portas da Casa do Concello para posteriormente acudir aos restaurantes que elixirán, onde as ceas darán comezo en torno ás dez da noite.

 

Nos tres casos, o menú estará conformado por entrantes variados, lacón con grelos, sobremesas de Entroido, bebida e café. Ademais, a cea de Casa Campaña estará amenizada polo Dúo Prisma.