Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Volta a España pasará polo Grove

Fecha: 2012-02-09

 

As negociacións do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e do alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, cos organizadores deste importante evento deportivo remataron co compromiso de que unha etapa da Volta pasará polo noso concello. Será a décima, do martes 28 de agosto, entre Ponteareas e Sanxenxo.

 

O pelotón, logo de entrar polo Vao, dirixirase ata o centro urbano, para despois tomar dirección a San Vicente, virar polas Bizocas e saír de novo por onde entraron cara á avenida de Baltar do noso concello veciño, onde estará situada a meta.

 

O paso dos ciclistas por terras mecas será retransmitido en directo para as televisións de máis dun cento de países, o que suporá, sen dúbida, un importante pulo para a proxección exterior da nosa vila.