Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Campamentos e campos de traballo para mozos e mozas do exterior

Fecha: 2012-02-10

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Grove informa que a Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas correspondentes ao programa de actividades de campamentos e campos de traballo para o ano 2012, que ten por finalidade facilitarlle á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

 

1. Actividades de campamento: 

Convócanse 213 prazas en campamentos e albergues xuvenís situados en Galicia, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, en dúas quendas no mes de xullo.

 

O programa desenvólvese en dúas quendas diferentes con actividades tamén diferenciadas:

a) Na quenda do 1 ao 12 de xullo ten lugar a actividade «Galiza: verde e azul», que busca proporcionarlles aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra. Os participantes –con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos– residirán en dúas instalacións: seis días na zona de interior, no Campamento Xuvenil Os Chacotes, Palas de Rei (Lugo), e seis días na zona de costa, no Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña), e permanecerán en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo.

b) Na segunda quenda, do 17 ao 28 de xullo, teñen lugar as actividades «Vela e táboa», «En bicicleta e cabalo pola natureza» e un programa de actividades para maiores de 18 anos.

 

As instalacións están situadas en Gandarío, Bergondo (A Coruña) e Furelos, Melide (A Coruña).

 

2. Campos de traballo:

Convócanse 20 prazas en campos de traballo, situados en distintas localidades da Comunidade Autónoma galega, para participantes con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade.

 

Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:

 

a) Ter residencia habitual fóra de Galicia.

b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de emigrante galego ata o 2º grao de consanguinidade.

c) Ter nacionalidade española.

d) Atoparse vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aqueles solicitantes que teñan 18 ou máis anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

e) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en actividades de campamento.

f) Ter unha idade entre 18 e 30 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en campos de traballo.

g) No caso dos solicitantes de actividades de campamentos non ter participado en edicións anteriores nesta modalidade.

h) No caso de solicitantes en campos de traballo, non ter participado en edicións anteriores na modalidade de campos de traballo.

i) Para as prazas financiadas ao 100% da axuda do custo da viaxe, estes solicitantes non deben contar a unidade económica familiar con ingresos superiores, en renda per cápita, a 2,5 veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente

j) Para os solicitantes que opten a prazas financiadas ao 50 % da axuda de custo da viaxe, poderán superar os límites de ingresos establecidos no punto anterior.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de marzo de 2012.

Máis información no DOG do 7 de febreiro de 2012 e en www.galiciaaberta.com