Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os irmáns Grimm e as personaxes dos seus contos invaden a biblioteca municipal

Fecha: 2012-02-16

En homenaxe ao 200º aniversario dos contos dos irmáns Grimm, este Entroido a biblioteca municipal da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey disfrázase do Bosque dos Libros Perdidos, un lugar máxico e misterioso onde pode suceder calquera cousa que poidas ler.

 

Árbores encantadas, animais ao axexo, unha bruxa enmeigada e unha chea de contos están agardando para invitar os cativos de todas as idades a achegárense por primeira vez ou redescubrir estes clásicos da literatura universal.

 

Jacob (1785–1863) e Wilhelm Grimm (1786–1859) foron académicos e lingüistas alemáns que pasaron moitos anos recompilando contos populares de fadas e contos folclóricos como Cincenta, Branca de neve e Rapunzel. A compilación resultante de máis de 200 historias, Kinder und Hausmärchen (Contos para a infancia e o fogar), é unha das coleccións de contos máis famosas do mundo, influínte en xeracións de escritores, músicos, artistas, académicos e cineastas.