Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Os da Bayuca gañan o Festival de Comparsas 2012

Fecha: 2012-02-20

 

A comparsa Os da Bayuca fíxose na noite do sábado pasado co primeiro premio do Festival de Comparsas 2012 do Concello do Grove, dotado con 1.100 euros e a Bandeira do Entroido. O segundo posto foi para Os Güeros, que recibiron 950 euros, e a terceira posición, dotada de 850 euros, foi para Os Garoulos. As demais agrupacións quedaron clasificadas na seguinte orde: As Plus, Marajota e Media, Os Trancheiros, As do 808 Linea Punk e Os Golfiños.

 

O xurado, composto por nove persoas, avaliou que comparsas merecían os diferentes premios. De valorar a crítica encargáronse os grovenses Francisco Meis, Beatriz Castro e Baldomero Lis; dos vestiarios encargáronse Xosé Ramón López, de Sanxenxo, Mónica Portas, de Cambados e Luis Lorenzo, de Vigo; e a interpretación musical foi xulgada por Pablo Dovalo e Ignacio Varela, ambos de Meaño, e polo cantautor de Sanxenxo Manuel Míguez.