Campamentos de verán na Lanzada
Fecha: 2012-02-29
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Grove informa da convocatoria dos campamentos de verán da Deputación Provincial de Pontevedra que se desenvolverán no Centro de Vacacións A Lanzada.
A actividade está dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 1999-2004 (ambos os dous incluídos) co seu domicilio habitual no concello no que se solicita a praza, neste caso, no do Grove.
As persoas interesadas poderán escoller unha quenda de sete días das 11 que hai distribuídas desde o 24 de xuño ata o 8 de setembro. O prezo da actividade é de 68 €.
Debido á gran demanda que ten este tipo de actividades, a adxudicación da praza será mediante sorteo informático ante notario, que terá lugar a finais de abril.
As persoas interesadas do concello do Grove poden solicitar os campamentos ata o 29 de marzo na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) da Casa azul. Recordamos que o seu horario é de luns a venres, de 09.00-14.00 h e os mércores tamén de 16.00-20.00 h. Para inscribirse teñen que presentar:
- DNI do pai/nai ou titor
- DNI do/a menor, de non telo, libro de familia ou certificado de nacemento
- tarxeta sanitaria do/a menor ou seguro médico
- volante de empadroamento
- ficha de inscrición e solicitude de praza que recollerán previamente nas oficinas da OMIX.
Máis información e ficha de inscrición (páxina da Deputación de Pontevedra)