Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Publicada a aprobación definitiva do Regulamento do voluntariado

Fecha: 2012-03-02

Aprobado definitivamente polo Pleno municipal na sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2011 o Regulamento do voluntariado municipal do Concello do Grove, publícase o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe para xeral coñecemento. Asemade, faise constar que contra o acordo e o regulamento aprobado se pode interpor un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que comezarán a contar desde a data desta publicación.