Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programación Rede de Bibliotecas do Grove para o mes de marzo

Fecha: 2012-03-02

O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. A Rede de Bibliotecas do Grove quere contribuír a esta celebración coa seguinte programación de actividades de dinamización lectora:

 

Exposición bibliográfica: “Lecturas pola igualdade”

Nova exposición bibliográfica que amosa a selección da Rede de Bibliotecas do Grove  para o mes de marzo. Trátase de lecturas que abordan claramente o valor da igualdade, dirixidas a público de diferentes idades: nenos e nenas, mocidade e  adultos.

 

As lecturas para o público infantil e mozo son todas obras recomendadas na “II Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non Discriminatoria” elaborada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX). Narracións en que tanto as cativas como os cativos se ven liberados dos roles de xénero máis esterotípicos; nas que o maltrato e a violencia, en calquera das súas formas, son claramente condenadas ou nos que se establece unha reflexión profunda a partir delas; nas que se valoran os saberes tradicionalmente considerados femininos; nas que se impulsan os valores de igualdade, paz e tolerancia a través da literatura e se achegan outras culturas para que se coñezan  ámbitos diferentes ao europeo.

 

Sorteo de libros

Realizarase un sorteo de libros de “Lecturas pola Igualdade” infantís, xuvenís e de público adulto entre todos os usuarios e usuarias do servizo de préstamo durante o mes de marzo.

 

O sorteo terá lugar 30 de marzo na Biblioteca Pública Municipal. Os títulos  son os seguintes:

Infantil:

-    Ánxeles Ferrer: Tres princesas namoradas. Ed. Galaxia

-    María de Mata: Un día de treboada. Baía Edicións

-    Cristina F: Alfombriña. Baía Edicións

-    Cuña Bóveda, A: A gata con botas. Laiovento

-    Gil, Carmen: O sorriso de Daniela. Kalandraka

Xuvenil:

-    Comino, Sandra: A casiña azul. Ed. Galaxia

-    Fina Casalderrey: A lagoa das nenas mudas. Eds. Xerais

-    Fina Casalderrey: A máscara de Palma. Ed. Galaxia

-    Dereitos humanos     

Adulto:

Dous lotes de:

-    LÓPEZ, A. ; POCIÑA. A. Rosalía de Castro: Documentación bibliográfica y bibliografía crítica (3 tomos). Fundación Pedro Barrié de la Maza

 

7 de marzo. Visitas guiadas á biblioteca e actividades de formación de usuarios/as en colaboración co CIM e co alumnado do Taller de Adestramento da Memoria.

 

Así mesmo, todos os interesados/as en participar noutras visitas guiadas e actividades de formación de usuarios/as poderán informarse e solicitalo na propia Rede de Bibliotecas do Grove.

 

Coñecendo e gozando da biblioteca

Durante o mes de marzo estas actividades dirixidas á xente miúda de estarán centradas na temática de “Lecturas pola Igualdade”.

 

Club de Lectura

A Rede de Bibliotecas do Grove quere poñer en marcha un club de lectura dirixido a público adulto e que se reunirá na biblioteca pública municipal.

 

Para obter máis información e/ou realizar a súa inscrición, poden dirixirse á biblioteca, na rúa Monte da Vila, 11; chamar ao teléfono 986 732 341 ou realizar a súa consulta a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodogrove.com.

 

Na primeira edición lerase e analizarase a obra Outono aquí, de Mario Regueira, gañadora da décimo oitava edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.