Curso presencial no Grove preparatorio das probas para obter o Celga 4
Fecha: 2012-03-05
A Secretaría Xeral de Política Lingüística resolveu aprobar a realización no noso concello dun curso preparatorio para as probas Celga, nivel 4. Este curso solicitouse en colaboración cos concellos de Sanxenxo e Cambados.
Lémbraselles ás persoas que se inscribiron no seu momento que as clases comezarán o día 27 de marzo, ás 20.00 h, na Casa da Cultura Manue Lueiro Rey, situada no número 11 da rúa Monte da Vila.
Así mesmo, tamén se lles recorda que ata o día 3 de abril está aberto o prazo para inscribirse nas probas para obter o certificado Celga, que no caso do Celga 4 terán lugar o día 2 de xuño do ano que andamos. Poden obter nesta lizagón a solicitude de inscrición nas probas e o impreso para o pagamento das taxas. Unha vez cuberta a documentación e aboadas as taxas (15,61 €), poden entregala no Rexistro do Concello do Grove.
Se precisa axuda ou máis información, póñase en contacto co SNL municipal.