Campamentos de verán da Xunta de Galicia
Fecha: 2012-03-06
A OMIX do Concello do Grove comunica que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo de vacacións en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.
Participantes: rapazas e rapaces nados entre os anos 1994-2003.
Prazo: ata o 19 de marzo, en caso de tramitar as solicitudes na OMIX, e ata o 20 se se entrega no Rexistro da Xunta de Galicia.
Información e inscrición: OMIX (Casa Azul), de luns a venres en horario de mañá e os mércores tamén de 16.00-20.00 horas.
Mais Información: DOG núm. 45 do 5 de marzo de 2012