Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O alumnado do Taller de Adestramento da Memoria visita a biblioteca

Fecha: 2012-03-08

Desde esta semana, a Rede de Bibliotecas do Grove está a levar a cabo unha serie de visitas guiadas co alumnado do Taller de Adestramento de Memoria impartido polo Centro de Información ás Mulleres (CIM).

 

Esta actividade pretende informar a xente maior das instalacións da casa da cultura (aulas de lectura, infantil, de estudo, de formación e de informática; sala de exposicións, depósito; arquivo municipal e salón de actos) e dos servizos que se prestan na bibloteca municipal, así como mostrarlles todas as posibilidades que ofrecen para o desenvolvemento peroal e o lecer das usuarias e usuarios de todas as idades. Ademais, aprovéitase para achegalos ás novas tecnoloxías, dándolles unhas primeiras nocións no manexo dos ordenadores e na navegación por Internet.

 

As persoas participantes recibiron un libro e unha bolsa da Rede de Bibliotecas como agasallo. Algunhas delas aproveitaron para facer o carné da biblioteca e levar prestado algún libro máis.

 

Antes de marchar, visitaron a exposición O Grove, feminino plural, que co gallo do Día Internacional da Muller se expón na casa da cultura ata o vindeiro mércores.