En hora boa a todas as mulleres
Fecha: 2012-03-08

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) felicita hoxe a todas as mulleres co gallo do Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional, proclamado pola Organización das Nacións Unidas en 1977.
Conmemoramos hoxe a loita das mulleres pola nosa participación en pé de igualdade co home na sociedade e no noso desenvolvemento íntegro como persoas.
Igualdade de oportunidades real no emprego, nos salarios, na saúde sexual e reprodutiva, na planificación familiar, na conciliación dos tempos de traballo, na autonomía de decidir sobre o noso corpo... Porque aínda queda moito por andar, grazas por seguir loitando por ti, por nós, por todas.
Para festexar este día propómosvos:
Visitar:
-
Os fondos bibliográficos en materia de igualdade da Biblioteca Municipal
-
A exposición O Grove, Feminino Plural (2008) na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Ver:
-
Ágora (2009). Dir. Alejandro Amenábar. Historia de Hipatia de Alexandría, filósofa e mestra exipcia que destacou nos comezos do século V polos seus coñecementos sobre matemáticas e astronomía.
-
Pan e rosas (Bread and roses) (2000). Dir. Ken Loach. Sobre as desigualdades laborais e sociais nos EE UU e a explotación de las persoas encargadas da limpeza nun edificio dos Ánxeles e a súa loita por mellorar as condicións laborais, así como o dereito a sindicarse.
-
Criadas e señoras (The help) (2011). Dir. Tate Taylor. Década dos 60, clases e discriminación racial.
Oír:
-
Estrella Morente. Mujeres. 2006.
-
Pj Harvey. Let Engand Shake. 2011. Island Records
Ademais, hoxe, ás 20:00 h na casa da cultura do Grove preséntanse as actividades da Concellaría de Igualdade, proclámanse as galardoadas dos Premios Meca 2012 e lese un manifesto.
Que teñades un bo día.