Concello e Deputación colaboran na limpeza das praias
Fecha: 2012-03-09
O obxectivo é deixar os areais en perfectas condicións ante a chegada do bo tempo e da Semana Santa
O Concello do Grove recibe a colaboración da Deputación de Pontevedra para poñer en marcha o servizo de limpeza nas praias e garantir que estean en perfectas condicións ante a chegada do bo tempo e das vacacións da Semana Santa. Deste xeito, unha das máquinas limpapraias da institución provincial comezou os traballos no areal da Lanzada e outra ocuparase de limpar e acondicionar o resto de praias do municipio.
Segundo explica o alcalde, Miguel Ángel Pérez, “estamos gozando duns días que convidan ao paseo polas diferentes praias e desde o Concello do Grove queremos ter todo a punto para gozar das nosas paisaxes e dos nosos recursos, máis cando a chegada da Semana Santa é inmediata”. Ademais, o alcalde local agradece a colaboración da Deputación xa que “permitirá que as nosas praias ofrecerán unha imaxe excelente ante os nosos visitantes e veciños”.