Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Axudas da Xunta para a realizar actividades de formación en linguas estranxeiras

Fecha: 2012-03-12

A OMIX informa de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

 

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2012-2013,

 

Poderá solicitar a participación nestas actividades o alumnado que reúna os seguintes requisitos:

  • Estar cursando 6.º de educación primaria; 1.º,2.º,3.º e 4.º da educación secundaria obrigatoria; 1.º e 2.º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo.

  • Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2010-2011,

  • Ter acadado no curso 2010-2011 unha cualificación mínima de ben, para o alumnado de educación primaria, e de 6 para o de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se fai perfeccionar na estadía.

  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte, coa excepción do alumnado de 6.º de educación primaria.

Os beneficiarios destas axudas, desde os alumnos de 6.º de educación primaria ata os de 4.º da ESO, optan a un curso de idiomas (inglés ou francés) de dúas semanas de duración nunha residencia de Galicia, porén, os alumnos de 1.º, 2.º e de ciclos formativos superiores poden perfeccionar o inglés, alemán ou francés, a través destas axudas, no Canadá, o Reino Unido, Francia ou Alemaña.

 

As persoas que desexen optar á axuda deberán completar “en liña” o formulario electrónico que corresponda en función da actividade na que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

As persoas interesads poden solicitar estas axudas ata o 7 de abril.

 

Para máis información poden dirixirse a OMIX (Casa azul); consultar na web: https://www.edu.xunta.es/axudasle/ ou no DOG do 5 de marzo.