Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo de presentación de documentación para a licitación da cafetería da praza de abastos

Fecha: 2012-03-22

A Concellería de Comercio e Mercado anuncia que xa está aberto o prazo de presentación de documentación para optar á licitación da cafetaría na praza de abastos. O devandito prazo finaliza o vindeiro 31 de marzo.

 

Con esta iniciativa, inténtase dinamizar un pouco máis a praza de abastos, ampliando a oferta comercial, como xa se fixo en datas anteriores ao sacar a licitación novos postos de venda na praza.

 

As condicións do contrato administrativo especial son as seguintes:

  • Oito anos de duración do contrato, prorrogables anualmente ata un máximo de dez.
  • Prezo estimado do contrato de 400 €, sen IVE, oferta mellorable por parte dos licitantes.
  • Serán puntuables para a adxudicación as melloras nas instalacións e medios materiais, e os servizos para prestar no local.

Desde a concellería animan a todas as persoas interesadas para que presenten a documentación, pois consideran que é unha boa oportunidade de negocio.