Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AVISO: Esta noite non funcionará o servizo de recollida de lixo

Fecha: 2012-03-28

 

A Concellería de Medio Ambiente e Limpeza do Concello do Grove comunícalle á veciñanza que, por mor da folga xeral de mañá, esta noite non funcionará o servizo de recollida de lixo, polo que solicita a súa colaboración e lle pide que hoxe non o deposite nos colectores nin nos lugares de costume para evitar que os residuos se acumulen na vía pública.