Últimos días para presentar a documentación para a licitación da cafetería da praza de abastos
Fecha: 2012-03-30
A Concellería de Comercio e Mercado lémbralles a todas as persoas interesadas en presentar documentación para optar á licitación da cafetaría na praza de abastos que o prazo finaliza o vindeiro día 31 de marzo.
Recórdanse as condicións para a licitación. No Contrato Administrativo Especial son as seguintes:
- Oito anos de duracíon do contrato, prorrogables anualmente ata un máximo de dez.
- Prezo estimado do contrato: 400 € (sen IVE), oferta mellorable por parte dos licitantes.
- Tamén son puntuables para a adxudicación as melloras nas instalacións e medios materiais, e os servizos para prestar no local.