Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Xa se pode consultar en liña o novo dicionario electrónico da Real Academia Galega (RAG)

Fecha: 2012-04-02

Despois de bastante tempo agardando por esta necesaria ferramenta, o Dicionario electrónico da Real Academia Galega xa se pode consultar na Rede. Con máis de 50.000 entradas, o novo dicionario, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.

 

Elaborado a partir dun amplo corpus do galego moderno, o seu carácter é normativo, polo que unha busca no Dicionario ofrece información sobre a pronuncia, grafía e significados correctos da palabra. Achega, ao mesmo tempo, información gramatical (xénero dos substantivos, formación do feminino, réxime dos verbos...) e, cando é pertinente, sobre o nivel de uso (rexistro formal ou familiar). As acepcións do termo buscado acompáñanse de sinónimos, antónimos e voces próximas semanticamente, ademais de ilustrarse con varios exemplos de uso. Asemade, o Dicionario incorpora a terminoloxía científica manexada nos niveis de estudos medios, así como as locucións e os fraseoloxismos de maior relevancia, cos seus significados e exemplos correspondentes.

 

Máis ferramentas e/ou recursos para a nosa lingua na sección do SNL.