Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

En abril, prezo reducido para implantarlles o microchip aos cans

Fecha: 2012-04-02

 

A Concellería de Medio Ambiente informa de que a Ordenanza municipal de tenencia de animais, publicada no BOP de Pontevedra o día 30 de abril de 2004,  expón que:

 

·   Os cans deberán ter un microchip ou transponder para a súa identificación.

 

Para cumprir isto, a concellería, en colaboración con varias marcas comerciais e cos veterinarios do Grove (Clínica Veterinaria Rubén e Clínica Veterinaria O Grove), chegou a un acordo para reducir o prezo da implantación dos microchips. Esta redución de prezo só se aplicará do 1 ao 30 de abril 2012. A partir desa data, a implantación volverá a custar o seu prezo habitual. Para poder acceder a esta bonificación, é obrigatorio recoller os tíckets correspondentes nas oficinas municipais de Medio Ambiente da Casa do Concello, en horario de 7.45 a 15.15 h, de luns a venres.

 

Cómpre lembrarlles a todas as persoas que teñen can, que os animais non poderán andar ceibes polas rúas do noso municipio e que os seus posuidores deberán levalos cunha correa cada vez que saian das súas casas, así como recoller os excrementos dos animais. A partir do 30 abril, a Policía Local intensificará a inspección de todos os cans que encontren no municipio e sancionarase aos seus propietarios se os animais están ceibes polas rúas, sen microchip e se non se recollen os excrementos.

 

A vila é de todos e, polo tanto, para mantela limpa e dentro dunhas normas básicas de civismo e convivencia, deberiamos entre todos colaborar para que zonas como A Aguieira, o paseo de Lordelo, Terra de Porto, O Sineiro, A Vilavella, O Con ou A Tafona, entre outras, deixen de aparecer cheas, en  moitos puntos, de excrementos de cans.

 

Ante calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 681 324 200 (oficina de Medio Ambiente).