Campamentos polideportivos da Deputación
Fecha: 2012-04-03
A OMIX informa dos campamentos deportivos da Deputación de Pontevedra:
Lugar de realización: Cidade Infantil Príncipe Felipe
Destinatarios: rapazas e rapeces nados entre os anos 1998-2005 (ambos os dous incluídos), co seu domicilio habitual no concello onde se solicita a praza.
Modalidades: haberá dúas modalidades:
-
Interna, pensión completa
-
Externa, chegada ás 09.30 e recollida ás 20.00 h
Prazas: o número de prazas é de 50, tanto para internos como para externos.
A adxudicación das prazas realizarase mediante sorteo informático ante notario, tal e como se especifica nas bases para o ano 2012.
Actividades que se van realizar: saídas ao medio natural, pádel no taboleiro, tiro con arco, deportes en equipo, actividades acuáticas e obradoiros.
Quendas:
1.ª quenda: do 9 ao 13 de xullo
2.ª quenda: do 23 ao 27 de xullo
3.ª quenda: do 30 de xullo ao 3 de agosto
4.ª quenda: do 6 ao 10 de agosto
5.ª quenda: do 13 ao 17 de agosto
6.ª quenda: do 20 ao 24 de agosto
7.ª quenda: do 27 ao 31 de agosto
A incorporación ao campamento terá lugar ás 9.00 h en todas as quendas, e a saída será ás 17.00 h.
Prezo:
-
Internos: 130 €
-
Externos: 80 €
Documentación: as persoas interesadas en solicitar praza para estas actividades deben entregar a seguinte documentación:
-
Solicitude de praza
-
Ficha de inscrición
-
Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
-
Fotocopia do DNI do menor, de non telo, libro de famiia ou certificado de nacemento
-
Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou seguro médico
Máis información e entrega de solicitudes: OMIX (Casa azul). Teléfono: 986 730 609; enderezo electrónico: omix@concellodogrove.com
Prazo: a OMIX recollerá as solicitudes para estes campamentos ata o 13 de abril.