Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha medidas para mellorr a equidade tributaria no cobramento da taxa por subministración de auga potable

Fecha: 2012-04-09

 

  • O prazo da recadación voluntaria para o cobramento da taxa por subministración de auga potable rematou o día 16/03/2012, e o recadado nesa data foron 312.369,89 €. O importe do Padrón restante pasouse á recadación executiva.

 

O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, informa de que lle deu ordes á recadadora municipal para que inicie os expedientes de corte de subministración a 27 debedores tributarios por non aboar os recibos correspondentes da taxa por subministración de auga potable.

 

Esta é unha opción que se recolle no artigo 17 da Ordenanza técnica reguladora da subministración de auga potable, que permite o corte de subministración "ás conexións realizadas a traída xeral do Concello polos usuarios que teñan débedas pendentes de pagamento do prezo dá subministración de auga potable e se lle notificase a advertencia de que a falta de pagamento poderá dar lugar ao corte da subministración".

 

Estes contribuíntes adoitan ser sempre os mesmos e entre eles hai algúns cun consumo bastante elevado.

 

Con respecto ao exercicio 2011, á finalización deste período voluntario de pagamento o importe recadado foi de 276.800,00 €, e o importe total liquido recadado final de 653.200,00 €, o que representou un 94,5% do total do Padrón. En 2010 o importe total liquido recadado final fora de 611.690,00 €, o que representou un 93,6% do total do Padrón.

 

Novidades na web Por outra banda, infórmase da novidade que se vai poñer en marcha na web do Concello para os efectos de incluír un calendario fiscal cos diferentes tributos que recada o Concello, onde se poderá consultar a ordenanza reguladora e o período voluntario de pagamento. A iniciativa enmárcase dentro do conxunto de medidas tomadas polo Goberno para a mellora da recadación municipal, como son:

 

- A cobertura dunha praza de auxiliar administrativa na área de Recadación, o que lle permitiu á recadadora municipal abandonar o portelo de atención ao público para dedicarse á súa verdadeira tarefa, que é a recadación executiva.

- O cambio de empresas para realizar o servizo de inspección catastral e inspección de ICIO.

- A efectividade da adhesión ao convenio de colaboración subscrito coa Axencia Tributaria e a FEMP en materia recadadora.

- A suba dos tipos impositivos de IBI e IVTM.

- A actualización das taxas fiscais de ocupación de dominio público, expedición de documentos administrativos, subministración de auga potable, depuración de augas residuais, recollida de lixo e reserva de espazo para entrada de vehículos.

- A implementación de novas taxas fiscais pola celebración de matrimonios civís e declaración de acordo por fóra de ordenación.