O Concello agradécelle á Comunidade de Propietarios da Illa dá Toxa a aprobación da súa proposta de pagamento e solicita a revisión da súa participación nos gastos da comunidade
Fecha: 2012-04-09
- Na citada asemblea discutiuse a aprobación dun presuposto para o exercicio 2012 por un importe total de 635.600,00 €.
O alcalde do Concello do Grove, Miguel A. Pérez, e o concelleiro de Economía, Facenda e Persoal, Juan Luis Callón, acudiron en representación do Concello do Grove á Asemblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios da Illa dá Toxa que se celebrou no Hotel Hesperia ás 12.00 horas.
Na citada Asemblea aprobouse, entre outros asuntos, a proposta de pagamento realizada polo Concello para os efectos de aboar as cantidades debidas consecuencia de 3 sentenzas xudiciais condenatorias contra o Concello polo non pagamento das correspondentes cotas de participación anual pola coñecida parcela Z-8 da Illa dá Toxa.
En concreto, a proposta de pagamento do Concello aprobada pola Asemblea consiste en aboar 125.545,03 € en concepto de non pagamentos por cotas de participación anuais á Comunidade desde hai máis de 10 anos. A cambio, a Comunidade condonaralle ao Concello o importe de 110.173,95 € en concepto de intereses.
Formalización dun rogo para a revisión da participación nos gastos da comunidade
Así mesmo, os representantes municipais formalizaron un rogo ante a citada asemblea para os efectos de que se proceda a unha revisión da participación do Concello nos gastos da comunidade, xa que o Concello perdeu desde hai anos a posibilidade de edificabilidade na citada parcela Z-8 consecuencia da aplicación da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas e da Rede Europea Natura 2000.
Hai que recordar que debido á citada cota de participación, o Concello ten que aboarlle á comunidade pola propiedade da parcela Z-8 un total de 22.136,24 € cada ano.