Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O AEDL do Concello do Grove participa nunha xornada formativa para o manexo dunha aplicación telemática para a creación e consolidación de empresas

Fecha: 2012-04-10

 

BIC Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar melloran o XATEmprego, que é un sistema telemático que permite avaliar, en tempo real, as actuacións desenvolvidas polos técnicos de Promoción Económica.

 

O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais, informa que o pasado 30/03/2012 enviou o AEDL municipal a unha xornada formativa para que adquirise os coñecementos necesarios para o manexo da nova aplicación Xatemprego.

 

Esta aplicación, posta en marcha por BIC Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar, consiste nun sistema telemático de elaboración e xestión de actividades que permite avaliar, en tempo real, as actuacións desenvolvidas polos técnicos de Promoción Económica.

 

A través desta ferramenta perséguense os seguintes obxectivos:

  • Permitirlles aos técnicos de Emprego un rexistro diario da súa actividade.
  • Axudar os técnicos de Emprego na xestión dos seus proxectos e actividades.
  • A planificación de actividades de apoio dirixidas a grupos concretos de emprendedores e empresarios.

 

Coa adquisición de destrezas desta aplicación, foméntase e favorécese o traballo dos técnicos de Emprego para os efectos de que a Consellería de Traballo poida implementar e corrixir as políticas activas de emprego.

 

Igualmente, para o Goberno do Grove é fundamental a difusión da cultura emprendedora entre os nosos desempregados e novos para os efectos de reducir o número de desempregados que ten o noso concello.

 

Faise necesario destacar a aprobación no pasado Pleno do 26 de xaneiro a moción sobre a creación dos ficheiros de carácter persoal dos axentes de promoción económica e dos participantes en accións de promoción de emprego.