ITV no Grove
Fecha: 2012-04-18
Unha vez máis, visitará a nosa vila a unidade móbil de Supervisión y Control, SA, a empresa que ten a concesión autonómica para revisar os nosos vehículos. Estará situada na explanada portuaria que está detrás da lonxa para realizar as inspeccións técnicas periódicas e pertinentes, nunha primeira visita, de ciclomotores e motos e, a primeiros de maio, de vehículos lixeiros e agrícolas.
As revisións dos vehículos de dúas rodas faranse o vindeiro mércores 25 de abril, de 9.00 a 13.30 e 15.30 a 18.00 h. Darase cita directamente na mesma unidade móbil.
No caso dos automóbiles e vehículos agrícolas, a cita será os días 3, 4, 7 e 8 de maio, de 9.00 a 13.30 e de 15.30 a 18.00 h os tres primeiros días, e o día 8 só de 9.00 a 13.30 h. Neste caso poderase pedir cita previa no teléfono 881 920 981.