Buscador do Dicionario da RAG para integrar no Mozilla Firefox
Fecha: 2012-04-18
O SNL municipal infórmanos de que xa se pode utilizar un aplicativo desenvolvido polo proxecto Trasno para integrar o buscador do Dicionario da Real Academia Galega no propio buscador do navegador Mozilla Firefox.
Cun sinxelo proceso de instalación, poderemos facer calquera busca no Dicionario da RAG directamente desde a caixa superior dereita do navegador, onde se atopa a listaxe de buscadores.
Pódese consultar toda a información e descargar aquí >
Máis aplicativos para a nosa lingua no apartado de ferramentas e recursos do SNL>