Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programación da Concellería de Documentación para conmemorar o Día Internacional do Libro

Fecha: 2012-04-20

Contacontos

O xoves 26 de abril, a partir das 17:30 h. Tarabelos traerá á biblioteca municipal do Grove a historia de Sabela e o paxaro máxico. Cunha magnífica montaxe e escenografía, pais, nais e rapazada poderán gozar dunha obra de monicreques para todos os públicos que de seguro deixará inmóbil o público asistente.

 

Sabela e o paxaro máxico é a adaptación dun conto popular galego que trata das penurias dunha pobre nena que habita un castelo. Aínda que este conto cheira a princesas, Sabela non o é. Xa lle gustaría a Sabela ser una princesa e desa forma non ter que soportar que se metesen con ela desa maneira...

 

Exposicións

O catálogo de libros segue a crecer de maneira exponencial, polo que realizaranse exposicións bibliográficas nas dúas bibliotecas da Rede de Bibliotecas do Grove para amosar algunhas das múltiples adquisicións que ultimamente se están a facer para o público infantil, xuvenil e adulto, tanto en galego como en castelán: contos, narrativa, cómic, etnografía...

 

Premios

Finalmente, a convocatoria da XIX Edición do Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta completa as actividades da semana do Libro.

 

Aplicando un estrito control do gasto, conseguiuse volver a outorgar 3.000 € de premio para o seu gañador ou gañadora, posibilitando así ser un dos premios mais importantes de Galicia, tanto polo seu formato (novela curta) como pola cantidade do premio concedido.

 

Este ano establecéronse algunhas modificacións con respecto á anterior convocatoria:

  • Por petición dos membros do xurado, mudouse o parágrafo referido á presentación e á extensión dos traballos, co fin de estruturar mellOr o texto. Con un máximo de 100 páxinas e ata 2.500 palabras en cada unha delas, é o que os autores poderán utilizar para impresionar o xurado coa súa narrativa.

  • Así mesmo, cambiouse tamén o apartado referente aos prazos para o envío e presentación dos traballos, volvendo ao establecido nas bases do ano 2007. Ata o 15 de agosto terán os autores para presentar os seus traballos.

 

Bases do XIX Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta do Concello do Grove. Ano 2012