Resultado do sorteo da Campaña de Verán da Xunta
Fecha: 2012-04-20
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informa do resultado do sorteo das prazas da Campaña de Verán 2012 da Xunta de Galicia (campamentos, campos de traballo, actividades de lecer e tempo libre...).
Nel figura tanto a listaxe de admitidos/as nos campamentos como a listaxe de rapaces e rapazas que están en reserva. De todos os modos, xa a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado informa os titores por SMS ou correo electrónico.
Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar, ata o 3 de maio de 2012, na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, no caso de actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte documentación:
- Xustificante de pagamento (recordamos que os posuidores do carné xove teñen o 25% de desconto e as familias numerosas o 50%).
- Fotocopia do DNI ou da folla correespondente do libro de familia.
- Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
- Cuestionario médico sanitario (anexoIII) - Declaración responsable de que sabe nadar.
- Fotocopia compulsada do título de familia numerosa, se é o caso. - Fotocopia do carné xove, se é o caso.
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo seranlles ofrecidas desde o día 21 de maio aos/ás solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes.
Máis información:
OMIX (Casa Azul, t. 986 730 609, e-mail: omix@concellodogrove.com)