Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O pleno do mes de abril levará a proposta de cambio de denominación de rúas

Fecha: 2012-04-23

 

Está é a primeira parte dun proxecto moito mais amplo

 

A Concellería de Patrimonio, dirixida por Alexandre Aguín, levará ó pleno convocado para o próximo xoves día 26, a proposta de cambio de denominación das rúas pertencentes aos barrios de Peralto e do Hospital.

 

Este cambio de denominacións é unha vella reclamación dos veciños e veciñas de moitos dos barrios do Grove, xa que nos anos 90 se pasou a bautizar as diferentes rúas simplemente engadindolle ao nome do barrio unha letra do abecedario. Este cambio, que o único que fixo foi contribuír á confusión da veciñanza, é precisamente o que este goberno intenta remediar.

 

Para isto, Alexandre Aguín convocou en varias ocasións os portavoces dos partidos políticos con representación no Concello e, gozando da participación e apoio dos diferentes grupos, elévase esta proposición ao Pleno.

 

A proposta é a seguinte:

NOME ANTERIOR.......................... NOME ACTUAL

Rúa Peralto A...................................... Rúa Peralto

Rúa Peralto B...................................... Rúa do Cruceiro

Rúa Peralto C...................................... Rúa da Poutada

Rúa Peralto D...................................... Rúa da Patela

Rúa Peralto E...................................... Rúa da Poteira

Travesía de Peralto.............................. Rúa da Rapeta

Travesía Outeiriño................................Rúa da Trabuqueira

Rúa Hospital A e B...............................Rúa Hospital

Rúa Hospital C ....................................Rúa de Santo Antonio

 

Se finalmente se aproba no Pleno, tal e como se podería prever, vista a colaboración nas reunións previas dos diferentes partidos, o seguinte paso sería publicar o acordo no Boletín Oficial da Provincia e comunicar o cambio ó Instituto Nacional de Estatística.

 

Na próxima semana está previsto convocar unha seguinte reunión para continuar coas seguintes fases deste proxecto e ir, paso a paso, emendando a arrevesada denominación dalgúns barrios.