Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Cultura invita á participación na Festa dos Maios

Fecha: 2012-04-26

A Concellería de Cultura do Concello do Grove está a traballar na organización da Festa dos Maios, que será o 1 de maio, ás 12 da mañá na praza do Corgo ou, se o tempo non é propicio, na lonxa.

 

O concelleiro de Cultura, Carlos Otero, remitíulles unhas cartas aos centros escolares nas que pide a colaboración dos profesores e de toda a comunidade escolar nesta iniciativa. Tamén se enviou outra misiva ás distintas asociacións culturais, veciñais, xuvenís etc., na que, ademáis de facilitarlles información sobre a festa, anímaos a participar. Nas cartas informa de que o Concello ten un equipo de xente con información recompilada sobre esta festa, e que se lle facilitará a quen a solicite.

Por medio dunha nota, o alcalde tamén invitou a participar na Festa dos Maios a todos os nenos e mozos do concello. O texto desta misiva e máis información referente aos premios, categorías etc., pódese ler no tríptico descargable desde o enlace inferior.

Tríptico coas bases do concurso e máis información aquí >