Talleres de dinamización turística para profesionais de hostalería do Grove
Fecha: 2012-04-27
O Concello do Grove pretende con esta iniciativa implicar o sector hostaleiro e da restauración do noso municipio na consecución dun servizo profesional e da mellor calidade para implementar as posibilidades do Grove como destino turístico de primeira liña.
Os obxectivos desta acción formativa, que se vai desenvolver no Aquarium do Grove a tarde dos dias 7, 14 e 21 de maio, son estimular e implicar os profesionais hostaleiros na creación de novas iniciativas encamiñadas ao desenvolvemento turístico do município, diversificar a oferta, ofrecendo estratexias de diferenciación mediante a posta en valor do patrimonio cultural e natural da zona e impulsar a atención e a orientación ao cliente como un dos eixes fundamentais.