Publicadas as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais no ano 2012
Fecha: 2012-04-30
No Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra de hoxe luns, 30 de abril, sae publicada esta convocatoria, que ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que, no eido da cultura e nas súas diversas formas, promovan asociacións culturais sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o concello do Grove, e dirixidas á poboación en xeral.
O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP.
Pode consultar o contido íntegro da convocatoria no seguinte enlace: