Publicadas as bases para a concesión de subvencións a clubs deportivos do concello do Grove no ano 2012
Fecha: 2012-04-30
No Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra de hoxe luns, 30 de abril, sae publicada esta convocatoria, que ten por obxecto regular as normas polas cales se rexerá a concesión en concorrencia competitiva de subvencións aos clubs deportivos deste concello para sufragar parte dos gastos que lles ocasione a promoción de actividades deportivas de interese municipal.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde a publicación no BOP destas bases.
Pode consultar o texto íntegro da convocatoria no seguinte enlace:
Subvencións a clubs deportivos 2012 >