Publicadas as bases para a concesión de axudas para a obtención do graduado en ESO para persoas adultas
Fecha: 2012-05-03
A Concellería de Educación publica as bases para regulamentar as condicións que se terán en conta para outorgar as axudas económicas que concede o Concello do Grove e que están destinadas a incentivar que as persoas maiores de 18 anos que non completaron os seus estudos básicos ou que teñen a EXB, pero non a ESO, rematen os seus estudos e obteñan o título de graduado en ensinanza secundaria obrigatoria (ESO), durante o presente curso 2011-2012, mediante a presentación ás probas extraordinarias que convoca anualmente a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.