Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Lista de admitidos e solicitudes en lista de espera dos campamentos da Lanzada

Fecha: 2012-05-03

 

A OMIX informa dos rapaces e rapazas que foron admitidos nos Campamentos da Lanzada que convoca a Deputación de Pontevedra e mais das solicitudes que quedaron en lista de espera.

 

As persoas admitidas foron informadas a través dunha SMS da Deputación e teñen de prazo ata o 21 de maio para facer o pagamento, o cal se realizará mediante ingreso ou transferencia na conta:

 

           2080.5401.56.3110192960 de NovaGalicia Banco

 

e na que deben constar os seguintes datos:

 

CONCEPTO: de xeito exclusivo a CLAVE DE PAGO asignada a cada neno admitido no campamento, con formato 9999999999XXX9 (14 díxitos).

 

IMPORTE: 68,00 €

 

O pagamento realizarase tal como se específica. Calquera pagamento por importe inferior ou superior a 68,00 € ou sen a clave de pago do neno será motivo de anulación da praza. Así mesmo, e se son máis dun irmán os que lograron a praza, deberá realizar un pago por cada un dos nenos.

 

Garde o resgardo da operación bancaria, sérvelle como xustificante da autoliquidación realizada.Todos os ingresos deben ir a nome do pai/nai ou titor. Os ingresos realizados por outros interesados ou administracións serán motivo de anualidade da praza.

 

Os que figuran en lista de espera recibirán unha mensaxe no momento en que consigan praza.

 

Os interesados que queiran resolver calquera dúbida poden dirixirse á OMIX (Casa azul), e tamén poden obter máis datos das listaxes e demais información na web da Deputación: http://www.depontevedra.es/?1,333