Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Daniel Ameixeiro presenta o seu último libro na casa da cultura do Grove

Fecha: 2012-05-04

 

 

Alexandre Aguín, concelleiro de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio do Concello do Grove, e Edicións Xerais de Galicia comprácense en convidalo/a á presentación do libro:

 

A Torre das Lavercas

de Daniel Ameixeiro

 

O acto terá lugar o venres, 11 de maio, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (Monte da Vila, 11, O Grove).

 

 

 

 

A Torre das Lavercas, de Daniel Ameixeiro

Ilustrado por Irene Fra

 

A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores.

 

Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e desde aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis. Agora estabamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade.

 

Xa na nova casa, o meu pensamento aquela primeira noite ía unha e outra vez á Torre das Lavercas; necesitaba volver, era coma se nela houbese algo importante para min. Ao final meu pai levoume ata a Torre. O meu cuarto seguía igual, pero algo xurdiu en min, supoño que había dores que levaba moi dentro e que necesitaba botar fóra, e comecei a chorar. Foi entón cando escoitei aquela voz: —Por favor, non chores. Un calafrío percorreu o meu corpo.

 

Daniel Ameixeiro (O Grove, 1962) é enxeñeiro de Telecomunicacións, e desde 1982 reside en Madrid, cidade onde traballa. Ten publicado: Bonifacio foi a palacio (1999), Xan e Pericán (Xerais 2004), finalista do Premio Merlín 2003 e A Torre das Lavercas (Xerais 2012).