Aberto o prazo presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo de contratación de sete auxiliares de policía local
Fecha: 2012-05-07
O Concello do Grove publica o prego de condicións que rexerán na contratación laboral temporal de sete auxiliares de policía local.
O modelo de solicitude pódese recoller no Rexistro municipal ou descargalo aquí >.
Ademais da solicitude, achegarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia do graduado escolar ou equivalente
- Declaración xurada (facilitarase coa instancia)
- Certificado médico
Prazo para a presentación de solicitudes: do 7 ao 11 de maio