Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo de inscrición no Campamento Urbano Deportivo de Verán

Fecha: 2012-05-14

 

A proposta das concellerías de Deportes e Xuventude é crear unha actividade que ocupe parte das mañás do verán das rapazas e dos rapaces nados entre 1998 e 2004.

 

Hai uns rapaces que demandan un verán diferente, non practican deporte durante o inverno ou fano nunha soa especialidade (baloncesto, fútbol…) e gustaríalles coñecer disciplinas deportivas diferentes. Desde o Concello queriamos ofrecerlles unha alternativa de verán con contidos ao aire libre e facendo actividade física, xogando e competindo da maneira máis diversa posible, non só para nenos da vila, senón tamén para rapaces que, estando de vacacións e paseando, nos vexan xogar, se queiran unir a nós por uns días e poidan facelo. Pode ser un factor que inflúa á hora de repetir destino de vacacións.

 

Unha actividade dinámica e con contidos pensados para rapaces de todas as idades, rapaces aos que lles gustaría pasar o verán xogando, coñecendo xogos e actividades novas máis relacionadas coa actividade física e a práctica deportiva.

As actividades serán case na súa totalidade ao aire libre (tendo sempre a alternativa do pavillón dos deportes), cunha compoñente lúdica absoluta, os rapaces gozarán practicando deportes que non fan habitualmente ou que nunca tiveron a oportunidade de practicar. Estamos en ano olímpico, o que motivará a moitas nenas e nenos a tomaren un primeiro contacto co deporte ou a afondar nel.

 

Obxectivos:

 

Directos:

  1. Dar a coñecer os diferentes deportes que se poden practicar habitualmente no Grove.

  2. Coñecer de forma superficial as regras dos diferentes deportes.

  3. Coñecer as técnicas máis empregadas de cada unha das especialidades

  4. Coñecer as tácticas individuais e colectivas máis sinxelas de cada un dos deportes.

  5. Conseguir que os rapaces practiquen actividade física de forma variada, que a competición e o rendemento ocupen un lugar moi secundario.

  6. Incrementar a oferta do servizo de deportes ao mesmo tempo que o de xuventude.

Indirectos:

  1. Divertir os rapaces co fío condutor do deporte e a actividade física.

  2. Darlles a posibilidade ás familias de que os seus nenos se relacionen con outros durante as mañás dos meses de xullo e agosto.

  3. Servir de trampolín para os diferentes clubs, para poderen captar futuros xogadores para os seus equipos.

  4. …

Contidos:

Piragüismo, baloncesto, fútbol, deportes alternativos, balonmán, boleibol, sendeirismo, remo, xogos populares, actividades na natureza, olimpíadas.

Adestramentos dentro de cada especialidade onde o carácter lúdico e a competición participativa serán o fío condutor das sesións.

Gran actividade de despedida de curso.

 

Horarios::

Nenos nados en 2004, 2003 e 2002: a actividade levarase a cabo de 10:45 a 13:30 h os luns, mércores e venres.

 

Nenos nados en 2001, 2000, 1999 e 1998: a actividade levarase a cabo de 10:45 a 13:30 h os martes, xoves e sábados.

 

Participantes: dividiremos o grupo en grupos de 20 rapaces. Terán que levar roupa cómoda e adecuada para a actividade que lle corresponda.

 

Equipo de traballo: teremos monitores deportivos durante todo o verán, un con cada grupo, reforzados en cada semana por monitores dos clubs locais, aos cales lle corresponda esa especialidade.

 

Localización: praia de Confín, campo de fútbol do Monte da Vila, pavillón dos deportes, pavillón de deportes náuticos, Terra de Porto, Monte Central… Aínda que o punto de partida e recollida será sempre o pavillón dos deportes.

 

Tarifas:

30 € ao mes e 20 € por quincena

 

Organiza:

Concellaría de Deportes e Xuventude e a ADM

 

Datas de inscrición:

Do 14 de maio ao 8 de xuño

 

Lugar de inscrición:

Casa azul (tlf.: 986 730 609)

 

Cartel da actividade >