Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CEIP Conmeniño terá xornada única o vindeiro curso

Fecha: 2012-05-16

Así se decidiu onte na votación en que participaron 105 persoas, o 88% do censo total de pais, nais e titores, que é de 119. Houbo 100 votos a favor de implantar a xornada única e 5 en contra. Con todo, a estes 5 votos negativos houbo que sumarlles os 14 votos non emitidos das persoas que non acudiron á reunión, que contan como negativos; polo tanto, o reconto final aprobou a xornada única por 100 votos a favor fronte a 19 votos en contra .

 

A votación da xornada única neste centro –o único colexio de primaria do Grove no que estaba pendente de implantar este horario- chega tras anos de xestións por parte da directiva e da ANPA. O Concello do Grove tamén se sumou á demanda para conseguir este obxectivo e desde xuño de 2011 participa de xeito comprometido con todas as iniciativas para esixir ante a delegación territorial de Educación a implantación do novo horario.

 

Así pois, o vindeiro curso 2012-2013 o alumnado do CEIP Conmeniño acudirá ás aulas nun horario de 8.45 a 13.45 horas.