Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove formalizará a operación de endebedamento para o mecanismo de pagamento a provedores en torno a un 6%

Fecha: 2012-05-22

 

  • O importe final polo que se formalizará a operación de préstamo para financiar o citado mecanismo de pagamento ascende a 826.042,05 € e a un tipo de xuro de EURIBOR a 3 MESES 5,25%.

  

O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, informa de que xa se coñece o tipo de xuro ao que se formalizará a operación de endebedamento necesaria para financiar o mecanismo de pagamento aos provedores establecido polo Goberno: o EURIBOR a 3 MESES 5,25%.

 

Tendo en conta as últimas cotizacións do EURIBOR a 3 meses, que foron para o 14/05/2012 un 0,689% e para o 15/05/2012 un 0,687%, todo parece indicar que a citada operación de endebedamento aprobada o pasado 14/05/2012 en sesión plenaria se formalizará en torno a un 6% (por exemplo, para o caso de que se formalizase o préstamo no día de onte sería o 0,687% 5,25% = 5,937%).

 

As condicións financeiras da citada operación de endebedamento a longo prazo viñan prefixadas pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, que establece un préstamo a 10 anos, con 2 de carencia e un tipo de xuro equivalente ao custo de financiamento do Tesouro Público aos prazos sinalados máis unha marxe máxima de 115 puntos básicos á que se engadirá unha marxe de intermediación dun máximo de 30 puntos básicos.

 

A formalización da citada operación de préstamo realizarase entre o día de hoxe e o próximo día 25 coa entidade Bankinter, que é a elixida polo ICO, aínda que é indiferente a entidade elixida, xa que todas as operacións aplicarán exactamente as mesmas condicións.

 

Os provedores non terán que comparecer na entidade de crédito sinalada, xa que recibirán as transferencias nas contas bancarias que indicaron ao aceptar acollerse a este mecanismo de pagamento.