Saltar ao contido

Esta web só usa cookies propias técnicas, necesarias para o seu funcionamento. As estatísticas de visitas son anónimas e non usan cookies. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Listaxe de admitidos na Escola de Verán

Todas aquelas persoas que formalizaron a inscrición na Escola de Verán do Concello do Grove dentro de prazo (ata o 21 de maio) están admitidas.

Agora teñen de prazo ata o 1 de xuño para formalizaren a súa matrícula. Para iso teñen que facer o pagamento na conta de Novagalicia Banco 2080 0523 38 3000043412 (a nome do neno ou nena) e entregar o xustificante do dito pagamento na Casa Azul.

As persoas que aínda queiran inscribirse nesta actividade poden facelo fóra de prazo, a partir do 2 de xuño sacarase a listaxe definitiva e valorarase a entrada destas novas inscricións.

Máis información na OMIX (Casa azul).Teléf: 986 730 609.


Todas as novas